Original Crew

Original Crew KEEPING THE PARTY ALIVE!

Hoxe toca aquelarre vinílico no novo Ummagumma, na Cidade Vella, en horario de tarde.¡Agardámosvos!
28/12/2024

Hoxe toca aquelarre vinílico no novo Ummagumma, na Cidade Vella, en horario de tarde.

¡Agardámosvos!

Xa está aquí a 6ª edición da nosa festa veraniega, este ano en horario de tarde, dende as 17:00 do sábado, 24 de agosto....
08/08/2024

Xa está aquí a 6ª edición da nosa festa veraniega, este ano en horario de tarde, dende as 17:00 do sábado, 24 de agosto.

O Santa Muerte, en pleno corazón da cidade, será o lugar de celebración. Un local ideal, con gusto pola boa música e que nos trae fermosas lembranzas da época do Terra, onde xa organizamos algunha pinchada hai moitos anos.

Alí plantaremos os nosos pratos, para facervos bailar ata as 22:00 aprox, con boas dosis de música xamaicana, soul, sixties e yeyé, a cargo da nosa aliñación titular: Smallface, Fito e Caco.

Anótao na túa axenda e non faltes. Keep on keepin' on!

¡Este venres en MALTE dende as 20:30!
28/12/2023

¡Este venres en MALTE dende as 20:30!

➡️ Garda a data / Save the date / Reserva la fecha ⬅️A nosa festa veraniega terá lugar un ano máis e xa van 5.Nesta ocas...
31/07/2023

➡️ Garda a data / Save the date / Reserva la fecha ⬅️

A nosa festa veraniega terá lugar un ano máis e xa van 5.

Nesta ocasión voltamos a "El Siglo", en pleno Orzán coruñés. Un local que bríndanos a súa pranta superior para bailar temazos dende as 8 da tarde e ata que o corpo aguante.

Disto último encargarase unha aliñación de DJ's de máximo nivel, na que contaremos por primeira vez co selector local Dani Peligro, acompañado pol@s "visitantes", Reggae Fever Girl (Zaragoza) e Ronald Koeman (London), ademáis da nosa compañeira Smallface (Tú no eres yeyé!).

Reggae da vella escola, soul, latin, yeyé, ska... Xa sabedes, o revoltixo de ritmos sesenteiros e altamente bailables que tanto nos gustan. Como sempre, estrictamente en vinilo.

Toma nota na túa axenda e vai pensando o "modelito", porque a noite deste ano promete. Keep on keepin' on!

19/05/2023
Velaí o cartaz da 4ª edición deste evento que, como os seus organizadores e como indica o seu propio nome, négase en rot...
14/08/2022

Velaí o cartaz da 4ª edición deste evento que, como os seus organizadores e como indica o seu propio nome, négase en rotundo a deixar apagar a lapa da boa música na nosa cidade. ✊
Agardámosvos o sábado, 20 de agosto, no Troppo Vinylspot e no Bar de los Ron.

Velaí o cartaz da 4ª edición deste evento que, como os seus organizadores e como indica o seu propio nome, négase en rot...
04/08/2022

Velaí o cartaz da 4ª edición deste evento que, como os seus organizadores e como indica o seu propio nome, négase en rotundo a deixar apagar a lapa da boa música na nosa cidade. ✊

Agardámosvos o sábado, 20 de agosto, no Ummagumma e no Bar de los Ron.

Fíxose de rogar máis que nunca, pero aquí está o cartaz da 3ª edición do "Keep on keepin' on!", a segunda en formato cov...
20/08/2021

Fíxose de rogar máis que nunca, pero aquí está o cartaz da 3ª edición do "Keep on keepin' on!", a segunda en formato covid, moi ao noso pesar.

Grazas á amabilidade dos nosos amigos do Ummagumma poderemos estar poñendo uns disquiños mañán, sábado, de 17 a 21h. Alí estaremos os selectores da casa, ademáis do grandísimo Ritxi Skatalite (Donosti Reggae City), que realmente xa é da casa tamén.

‼ IMPORTANTE: o aforo é moi limitado, polo que só será posible asistir con reserva previa. Por favor, contactade con nós, con Sergi ou a través das redes sociais do Umma, para confirmar a vosa asistencia.

¡Vémonos!

Dirección

A Coruña

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Original Crew publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir