Terras de Rosendo

Terras de Rosendo Páxina creada para difundir o patrimonio monumental histórico, artístico e natural das Terras de

Iª FEIRA LARPEIRA DAS TERRAS DE ROSENDO
22/02/2016

Iª FEIRA LARPEIRA DAS TERRAS DE ROSENDO

Iª FEIRA LARPEIRA das Terras de Rosendo

O claustro barroco do Mosteiro de Celanova será o espazo elixido para albergar esta Iª Feira Larpeira, evento de promoción gastronómico ideado como colofón ao Obradoiro de Emprego Terras de Rosendo, que comparten os concellos de Celanova, Bande e Verea e que nos últimos seis meses traballou na elaboración e comercialización de produtos locais apícolas, de repostería e micolóxicos.

A feira terá lugar o vindeiro domingo 28 de febreiro en horario de 11:00 a 20:00 horas.

Ao longo de toda a xornada haberá talleres, sorteos e diversas degustacións de produtos. Tamén se poderá disfrutar da actuación do Grupo de Gaitas “O Gaiteiro de Penalta” e da representación dun monólogo a cargo dun dos alumnos do Obradoiro de Emprego.

Algúns dos postos estarán adicados integramente ao traballo desenvolvido polo alumnado do taller de emprego. Nesta feira poderase atopar unha exposición dos seus traballos, incluíndo degustacións e a presentación de produtos (bica coa forma do trisquel calado de Castromao e outras elaboracións co chocolate como materia prima principal e con aparencia de elementos identificativos de San Rosendo).

Os obxectivos son: acadar que esta Feira Larpeira sexa un escaparate para poder mostrar a variedade de produtos, tanto da Terra de Celanova como da Baixa Limia, que conforman un único xeodestino turístico, e conseguir que teña continuidade no futuro e quede vencellada no calendario á festividade de San Rosendo.

Ademais a celebración deste evento coincidirá cunha nova edición da Festa da Cervexa Artesá que, da man da Asociación para a divulgación da cultura cervexeira artesá de Galicia, estará instalada cunha carpa no patio central do Claustro Barroco desde o venres 26.

24/11/2015

Celanova é recoñecida por dous pilares fortes: poetas que naceron e se inspiraron aquí e tamén polos monumentos que nela se poden visitar. Pois ben, cremos que tamén debe ser así na rede, por iso decidimos cambiar o nome da páxina oficial do Concello de Celanova por: "Celanova, pedra e poesía".

Que galego non escoitou falar de Curros ou Celso Emilio? Quen non abriu a boca cando chegou a praza maior, ante tal mosteiro?

24/11/2015

A foto só amosa un anaquiño da historia, 50 anos de mercados celanoveses son poucos...

Dende o século XVIII, Celanova celebraba mercados que a convertiron no centro comercial da comarca, chegando a celebrarse nalgún tempo dous mercados semanais. Foi esto o que axudou ó crecemento da vila burguesa ó longo dos anos seguintes. A día de hoxe é o único mercado que se segue celebrando tódalas semanas nesta provincia.

Hola, acordaivos que mañá temos todos unha cita en Nigueiroa (Concello de Verea) na andaina e magosto, Ruta dos Fornos.P...
06/11/2015

Hola, acordaivos que mañá temos todos unha cita en Nigueiroa (Concello de Verea) na andaina e magosto, Ruta dos Fornos.

Podedes pasar polo photocall que teremos instalado o lado do forno para que teñades un recordo deste dia.
Vémonos.

O vindeiro sabado 7 de Novembro, quedades todos convidad@s a Andaina e Magosto que se vai a celebrar no pobo de Nigueiro...
30/10/2015

O vindeiro sabado 7 de Novembro, quedades todos convidad@s a Andaina e Magosto que se vai a celebrar no pobo de Nigueiroa, concello de Verea. Organizado polo Obradoiro de Emprego Terras de Rosendo.

O longo dos dous últimos anos os concellos de Celanova, Bande e Verea  levaron a cabo con éxito dous obradoiros tanto a ...
30/10/2015

O longo dos dous últimos anos os concellos de Celanova, Bande e Verea levaron a cabo con éxito dous obradoiros tanto a nivel formativo como da visibilidade das súas actuacións.
Despois de quedar demostradas as inmensas posibilidades de futuro no sector laboral de xestión do desenvolvemento local a través do turismo cultural e natural, o obxetivo que persigue este novo proxecto é o de comenzar a afondar na elaboración de produtos que contan xa cunha vella tradición na zona para poder crear propostas comerciais concretas que comtemplen a oferta cultural xa de por si importante, e así mesmo que o visitante ademáis das experiencias, poida levar productos da zona.
Para elo xa estamos traballando as tres especialidades co apoio dos docentes e o equipo administrativo.

Estades tod@s convidados o vindeiro 24 de outubro a Xornada Micolóxica que este obradoiro en colaboración co Concello de...
21/10/2015

Estades tod@s convidados o vindeiro 24 de outubro a Xornada Micolóxica que este obradoiro en colaboración co Concello de Bande realizarán no salón de actos do concello.
Daremos unha charla para a identificación dos fungos mais comúns no concello para despois realizar unha saída por unha ruta establecida polo monte para por en práctica o aprendido na mesma.
Precisaredes unha cesta (só se admitirán as regramentarias, abertas), unha navalla, roupa e calzado apropiado e iso si, gañas de aprender e pasalo ben. Esperámosvos.

Hola a tod@s de novo. Despois dun pequeno paréntese no Facebook do pasado obradoiro de emprego “San Rosendo, segue o cam...
21/10/2015

Hola a tod@s de novo. Despois dun pequeno paréntese no Facebook do pasado obradoiro de emprego “San Rosendo, segue o camiño…” collemos o testigo os integrantes do novo obradoiro das terras de Celanova, as que pertencen os concellos de Celanova, Bande e Verea.
Este novo obradoiro, Terras de Rosendo, está formado por tres especialidades.
Pastelería e Confeitaría (INAF0109)
Apicultura (AGAN0211)
Xestión da produción e recolección de cogomelos e trufas (AGAU0211)
Iremos colgando noticias, eventos... para que os que nos seguiades e todos os novos seguidores poidamos entre todos darlle promoción e dinamización ás diferentes propostas que xurdan dende esta nova ilusión chamada obradoiro de emprego “Terras de Rosendo”.

Grazas a tod@s polo vosa colaboración e apoio.

NA NOITE DOS TEMPOSO sábado 26 de Setembro tedes outra oportunidade de coñecer os segredos do Mosteiro de Celanova a tra...
14/09/2015

NA NOITE DOS TEMPOS

O sábado 26 de Setembro tedes outra oportunidade de coñecer os segredos do Mosteiro de Celanova a través dunha visita teatralizada nocturna.

O aforo é limitado. Non vos quededes sen a vosa entrada.

ESTE DOMINGO CELÉBRASE A IV BTT 4 PICOS CELANOVA
01/09/2015

ESTE DOMINGO CELÉBRASE A IV BTT 4 PICOS CELANOVA

Deixámosvos a reportaxe que lle dedica La Región á Visita Teatralizada Nocturna.Noraboa pola gran acollida que tivo de n...
20/08/2015

Deixámosvos a reportaxe que lle dedica La Región á Visita Teatralizada Nocturna.

Noraboa pola gran acollida que tivo de novo esta iniciativa.

Celanova ha dado cuenta, una vez más, del enorme potencial turístico de su patrimonio monumental. Un relato bien hilado, cirios y voluntarios implicados han permitido disfrutar de una visita única por el cenobio de San Salvador

Aquí vos deixamos este vídeo realizado no III Campo de Traballo do Audiovisual Galego que tivo lugar do 16 ao 27 de xull...
19/08/2015

Aquí vos deixamos este vídeo realizado no III Campo de Traballo do Audiovisual Galego que tivo lugar do 16 ao 27 de xullo de 2015 en Celanova.

Esperemos que vos guste e o disfrutedes.

Grazas.

Realizado polo, III campo de traballo do audiovisual Galego. Do 16 ao 27 de xullo de 2015 en Celanova

Dirección

Celanova

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Terras de Rosendo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir