Vieiros Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Vieiros, Servicio de transporte, Costa de San Marcos, 3, Santiago de Compostela.

UNIDADE GALEGA DE TRANSPORTISTAS
En prol da unidade de acción e dignificación do sector, a eficaz defensa dos seus lexítimos intereses e a súa modernización en sintonía coas novas necesidades loxísticas da economía galega Logo de varios meses de conversas, un grupo representativo de transportistas galegos procedentes das distintas provincias e comarcas de Galicia reuniuse o 22 de xuño de 2024 nas

aforas de Santiago de Compostela para constituír formalmente VIEIROS UNIDADE GALEGA DE TRANSPORTISTAS, a nova asociación das pemes e autónomos de Galicia que realizan transporte por conta propia e cos seus propios medios que, no contexto actual, nace no seo do sector para impulsar a defensa dos seus lexítimos intereses profesionais desde as seguintes coordenadas:
- A defensa da libre competencia como base para a xeración de riqueza mediante a rendabilidade desta actividade económica construída desde a profesionalización, a innovación, a harmonización fiscal e sociolaboral e unha sustentabilidade realista.
- A denuncia e combate con firmeza das prácticas de competencia desleal no sector.
- A modernización do sector en todos os seus ámbitos é a receita para enfrontar do xeito máis solvente os novos retos e desafíos que esixe a economía e a loxística do presente e futuro, e isto só é posible achegando novas ideas e novos referentes.
- A dignificación do sector e dos seus profesionais cuxa actividade é esencial para o bo funcionamento da economía e a sociedade do benestar.
- A rendabilidade das pemes e autónomos do transporte debe sustentarse na profesionalización, a innovación, a harmonización fiscal e sociolaboral e unha sustentabilidade viable no horizonte do 2030, no seo dun marco tributario razoable e contido no tempo e unhas infraestruturas modernas e adaptadas ás necesidades dos vehículos e dos profesionais do sector. Así mesmo, VIEIROS aposta decididamente pola unidade de acción das organizacións do sector que teñan como principio primordial a defensa dos intereses dos pequenos transportistas galegos como mellor garantía de facermos máis eficaces as nosas demandas, reivindicacións e actuacións.

🛑 ÚLTIMA HORA I GASÓLEO SETEMBRO 2026⛽️ Cambios relevantes no imposto de hidrocarburos e na axuda aos transportistas par...
31/08/2026

🛑 ÚLTIMA HORA I GASÓLEO SETEMBRO 2026
⛽️ Cambios relevantes no imposto de hidrocarburos e na axuda aos transportistas para o mes de setembro derivados do repunte do prezo do carburante nas últimas semanas.
🔗 Toda a info: https://vieiros.gal/gasoil-set26/

27/08/2026
📝 Documento de Control Electrónico  🔹Todo o que precisas saber sobre o DeCA, obrigatorio a partir de 5 Outubro, é fácil ...
20/08/2026

📝 Documento de Control Electrónico
🔹Todo o que precisas saber sobre o DeCA, obrigatorio a partir de 5 Outubro, é fácil e rápido con Vieiros e Sinerxías profesionais do transporte:
📆 2 Set: XORNADA INFORMATIVA ONLINE
📆 12, 19 e 20 Set: XORNADAS TÉCNICAS SANTIAGO, OURENSE e O PORRIÑO.
🔗 Toda a info en https://vieiros.gal/deca/

🛑 ÚLTIMA HORA I RESTRICIÓNS 12 AGOSTOEuskadi, Navarra e Cataluña acordan impor restricións á circulación a camións por m...
10/08/2026

🛑 ÚLTIMA HORA I RESTRICIÓNS 12 AGOSTO
Euskadi, Navarra e Cataluña acordan impor restricións á circulación a camións por mor do eclipse.
🔗 Toda a info: https://vieiros.gal/eclipse/

📢 AXUDAS GASOIL I PRIMEIROS COBROS ⛽️ A Axencia Tributaria comeza a abonar as axudas e habilita área privada na súa web ...
30/07/2026

📢 AXUDAS GASOIL I PRIMEIROS COBROS
⛽️ A Axencia Tributaria comeza a abonar as axudas e habilita área privada na súa web para que os transportistas beneficiarios poidan comprobar os importes recibidos: 🔗
https://vieiros.gal/axudasgasoil-marzoexullo-3/

📢 ÚLTIMA HORA I AXUDAS GASÓIL‼️🔹Cando comezarán a cobrarse as axudas aprobadas en marzo❓🔹Que novas axudas aprobou o Gobe...
07/07/2026

📢 ÚLTIMA HORA I AXUDAS GASÓIL‼️
🔹Cando comezarán a cobrarse as axudas aprobadas en marzo❓
🔹Que novas axudas aprobou o Goberno para o periodo 01/07/2026 – 30/09/2026❓
🔗 Toda a info: https://vieiros.gal/axudasgasoil-marzoexullo/

Dirección

Costa De San Marcos, 3
Santiago De Compostela
15820

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00

Teléfono

+34881243859

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Vieiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Vieiros:

Atajos

Compartir