BenComún Espazo

BenComún Espazo Espazo de de 300 m2 situado na praza da Torre Lombarda, a carón do río Arnoia, en Allariz.

Dispoñemos de internet de alta velocidade, sala de xuntanzas, sala para actividades e proxeccións e zona de descanso, entre outros servizos. O Espazo BenComún é moito máis ca un local de coworking, moito máis ca unha comunidade de traballo colaborativo, moito máis ca un punto de encontro para a creatividade ás beiras do Arnoia, no centro de Allariz. É moito máis ca iso, pero tamén é todo iso. No E

spazo BenComún tes á túa disposición 300 m2 de superficie distribuídos nunha sala diáfana con mesas de traballo individuais e unha sala de reunións a disposición dos nosos usuarios e usuarias. No noso local da praza da Torre Lombarda, amais de vistas sobre a ribeira do río e os cumes da Reserva Natural da Biosfera, contamos con Internet de alta velocidade (600 Mb de descarga), Wi-Fi, liña telefónica, calefacción, zona de descanso e office, zona de carga para vehículos eléctricos e unha terraza moi luminosa. BenComún nace da mesma iniciativa empresarial que creou a libraría Aira das Letras e Aira Editorial, ambas en Allariz, e da firma de deseño e obxectos bonitos Punto e Coma, con tenda en Ourense. Esa vontade compartida de converter Allariz en vila do libro, do deseño, da ilustración -en definitiva, en capital da creatividade- transmítese no ADN do noso espazo. Na nosa comunidade xa participan destacados profesionais das novas tecnoloxías e das artes e oficios visuais, con especialización no traballo editorial e na creación de obxectos. Traballar no BenComún significa entrar a formar parte dunha comunidade de profesionais independentes, que comparte recursos e servizos e que traballa no desenvolvemento de proxectos conxuntos.

O día comezará cunha clase de danza contemporánea con ferramentas terapéuticas no miradoiro de Moura, a cargo de SIL Pro...
20/05/2026

O día comezará cunha clase de danza contemporánea con ferramentas terapéuticas no miradoiro de Moura, a cargo de SIL Producciones - Artes en movimiento e coa música en directo da pianista María Mendoza.

Pola tarde, desprazarémonos ata Esgos, onde María Mendoza nos guiará na creación en tempo real dunha peza musical que quedará para o noso recordo.

Todos os gastos de organización, coordinación, deseño e prestación de servizos, promoción e publicidade, etc. incluídos nestas experiencias son asumidos con cargo a o “Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, compromiso coa mobilidade sostible e a mellora continua” (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU).

Tu acceso a experiencias únicas está a solo un clic.

Comezou a recollida de sinaturas para solicitar que non se renove a directiva actual do IES de Allariz.
09/05/2026

Comezou a recollida de sinaturas para solicitar que non se renove a directiva actual do IES de Allariz.

O clásico Aira do 2026 reunirá nun só volume tres das súas novelas curtas máis coñecidasA gata (La Ch**te, 1933), un rel...
28/04/2026

O clásico Aira do 2026 reunirá nun só volume tres das súas novelas curtas máis coñecidas
A gata (La Ch**te, 1933), un relato sutil e inquietante sobre os celos, a posesión e os vínculos afectivos máis primitivos, que converte un conflito doméstico nunha análise penetrante da fraxilidade das relacións humanas.
Gigi (1944), situada no París da Belle Époque, narra con humor elegante e mirada crítica a historia dunha moza educada para cumprir un destino imposto, abrindo unha reflexión sobre a liberdade feminina e as convencións sociais.
O neno doente (L’Enfant malade, 1904), un texto breve pero intenso que se afasta de toda idealización da infancia e explora con lucidez as relacións de dependencia emocional e as zonas máis ambiguas do coidado e do amor.
Neste enlace atoparás máis información.
https://airaeditorial.gal/home/179-mecenas.html

Os nosos veciños da Torre Lombarda xa voltan estar operativos. Moita sorte aos novos xestores.
19/03/2026

Os nosos veciños da Torre Lombarda xa voltan estar operativos. Moita sorte aos novos xestores.

4.3 ⭐ · Hotel

Un dos libros da tempada agora en galego.
05/03/2026

Un dos libros da tempada agora en galego.

Pasado mañá remata. Se tiñas pensado participar non te esquezas!!!.👉https://vkm.is/frankenstein
09/12/2025

Pasado mañá remata. Se tiñas pensado participar non te esquezas!!!.
👉https://vkm.is/frankenstein

🔔 O Verkami de Frankenstein entra nos seus últimos 2 días.

Se queres reservar esta nova edición revisada, hoxe é un bo momento para facelo.

👉https://vkm.is/frankenstein

Imaxinas bordar a túa primeira tote bag, un deseño de Nadal ou decorar a túa casa cun bordado feito por ti?En outubro co...
26/09/2025

Imaxinas bordar a túa primeira tote bag, un deseño de Nadal ou decorar a túa casa cun bordado feito por ti?

En outubro comezamos no espazo en Allariz un curso de 3 meses de bordado (cada 15 días) pensado para principiantes e cun ambiente bonito e creativo

16/09/2025
O novo clásico de Aira editorial xa chegou
10/09/2025

O novo clásico de Aira editorial xa chegou

Autores espectaculares acompañados de vermú.
09/09/2025

Autores espectaculares acompañados de vermú.

Dirección

Praza Torre Lombarda, 1
Allariz
32660

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

988680892

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BenComún Espazo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a BenComún Espazo:

Compartir