26/05/2026
📣Obradoiro dual de emprego Ames-Brión RENOVA VERDE
O Concello de Ames informa de que xa están dispoñibles 𝐚𝐬 📝 𝐛𝐚𝐬𝐞𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐬𝐞𝐥𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐚𝐥𝐮𝐦𝐧𝐚𝐝𝐨 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐚𝐝𝐨𝐫/𝐚 do programa 𝑶𝒃𝒓𝒂𝒅𝒐𝒊𝒓𝒐 𝑫𝒖𝒂𝒍 𝒅𝒆 𝑬𝒎𝒑𝒓𝒆𝒈𝒐 Ames- Brión RENOVA VERDE 2026.
As persoas interesadas poden 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐮𝐥𝐭𝐚𝐫 𝐭𝐨𝐝𝐚 𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐨𝐬 𝐫𝐞𝐪𝐮𝐢𝐬𝐢𝐭𝐨𝐬 de participación na web do Concello de Ames 👉 https://sede.concellodeames.gal/eAdmin/Sede.do
🔧 𝐄𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬:
🌱 AGAO0208: Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes
☀️ ENAE0108: Instalación e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
O programa terá unha 𝐝𝐮𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝟗 𝐦𝐞𝐬𝐞𝐬 𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐦𝐢𝐭𝐢𝐫𝐚́ 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐫 𝐚 𝟐𝟎 𝐚𝐥𝐮𝐦𝐧𝐨𝐬/𝐚𝐬 traballadores/as, combinando formación teórica e experiencia laboral real.
👉 𝐀́𝐦𝐛𝐢𝐭𝐨 𝐞 𝐫𝐞𝐪𝐮𝐢𝐬𝐢𝐭𝐨𝐬:
📌 Localidade: Ames e Brión
📌 Idade: igual ou superior a 18 anos
📌 Situación laboral: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que será o encargado de realizar a sondaxe tendo en conta ás persoas inscritas en algún dos seguintes servizos: 320 ( Escola taller programas), 330 (Casa de Oficio), 340 (Taller de Emprego) ou 370 (Outros programas de emprego formación dual) e os demandantes que se atopen na situación administrativa de suspensión 699 (suspensión especifica programas experimentais de emprego).
📌 Cumprir cos requisitos do contrato de formación e aprendizaxe no momento da selección e da contratación.
🎯O grupo de selección aplicará os 𝐜𝐫𝐢𝐭𝐞𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐥𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 que figuran no artigo 10 da Orde do 14 de novembro de 2025 (DOG nº228, do 25 de novembro de 2025), segundo baremo que se xunta no Anexo I destas bases.
https://sede.concellodeames.gal/documentos/A20D77FA81834040BFB408213364B34B.pdf