Mostra Do Posible

Mostra Do Posible A MOSTRA DO POSIBLE vense celebrando dende o 2017 en Cangas do Morrazo. O 25 e 26 de setembro terá lugar a quinta edición desta feira das alternativas.

A MOSTRA do POSIBLE é un encontro de movementos sociais e entidades de economía solidaria, mediante o que se pretende visibilizar que existen alternativas para construír un mundo máis xusto. A Mostra do Posible pretende acadar dous obxectivos:

* Servir como ESPAZO DE ENCONTRO entre colectivos e entre entidades de economía solidaria que buscan unha transformación cara un mundo máis xusto, colabor

ativo, colectivizado e solidario.

* Amosar que EXISTEN ALTERNATIVAS XUSTAS, SOSTIBLES e DEMOCRÁTICAS nas diferentes temáticas que se van tocar nas xornadas. A Mostra ten dúas vertentes: os postos informativos e as actividades. POSTOS INFORMATIVOS: instálanse na Alameda Nova de Cangas. Cada colectivo ten un espazo asignado no que poderá por o seu posto e amosar o seu proxecto, produtos ou servizos. A mesa mateirais e outros elementos do posto corren a cargo da entidade asistente. ACTIVIDADES: Organizamos, en coordinación coas entidades participantes, mesas redondas, charlas ou obradoiros mediante as que se trata de afondar en aspectos de interese de cada
unha das temáticas tratadas. SECCIÓNS TEMÁTICAS:
1. Economía, traballo e finanzas.
2. Saúde, alimentación, e coidado do entorno.
3. Educación, cultura, e medios de comunicación.
4. Urbanismo, abastecementos, e refugallos.
5. Dereitos sociais.

Por un modelo de mobilidade pública, social e sostible.
19/10/2021

Por un modelo de mobilidade pública, social e sostible.

Non deixedes de participar!! Este xoves a primeira das catro xornadas.  Decrecemento ou barbarie!!
12/10/2021

Non deixedes de participar!! Este xoves a primeira das catro xornadas. Decrecemento ou barbarie!!

Primeiro Foro de Iniciativas de Transición Enerxética en Monachil (Granada)
01/10/2021

Primeiro Foro de Iniciativas de Transición Enerxética en Monachil (Granada)

28/09/2021

♻ Como levades a resaca da Mostra? Aquí vos deixamos un pequenísimo resumo de todo o vivido esta fin de semana.

😍 Grazas a todas por vir, estar, falar, tecer redes e camiñar connosco na (de)construcción dun mundo máis xusto e saudable.

Vémonos na Mostra 2022!

Concello de Cangas do Morrazo Eusumo Economía Social de Galicia

¡Chegou o día! Vémonos na Alameda de CangasNosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega , O Baúl da Tía Tola A Lo Cubano Ca...
25/09/2021

¡Chegou o día! Vémonos na Alameda de Cangas

Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega , O Baúl da Tía Tola A Lo Cubano Catro Ventos Fiare Banca Etica Aldeas Libres de Macroeólicos Ecoloxistas en Acción Galiza Colonias Canguesas Galgos 112 Mercado Social de Madrid Rede para o Decrecemento Eo-Navia I Galiza I O Bierzo Asociación Xaruma Su Garrido Pombo Música

♻️ Non hai unha resposta única á crise climática, enerxética e económica. A resposta estará articulada sobre múltiples p...
24/09/2021

♻️ Non hai unha resposta única á crise climática, enerxética e económica. A resposta estará articulada sobre múltiples propostas da xente que leva anos preocupada por atoparlle unha solución.

🤝 A Mostra do Posible é unha boa oportunidade para coñecer estas propostas e para crear rede.

♻🌍 Unha das claves para poñer solución á crise ecolóxica e enerxética que estamos a vivir é o DECRECEMENTO.  No encontro...
24/09/2021

♻🌍 Unha das claves para poñer solución á crise ecolóxica e enerxética que estamos a vivir é o DECRECEMENTO. No encontro coa Rede para o decrecementoEo-Navia O Bierzo.

📍 Domingo ás 16h

📅 Sábado 25 e domingo 26 atoparedes na Alameda de Cangas a Mostra do Posible e a Feira de Ecoloxía e Artesanía.

Vinde cantar con nós o domingo! 🎸 12h -  , un dúo de jazz, músicas do mundo, cancións populares e improvisación.🎸 19h - ...
23/09/2021

Vinde cantar con nós o domingo!

🎸 12h - , un dúo de jazz, músicas do mundo, cancións populares e improvisación.
🎸 19h - Su Garrido Pombo Música , cantautora de bossa e folk con letras galegas e melodías tradicionais.

📅 Sábado 25 e domingo 26 atoparedes na Alameda de Cangas a Mostra do Posible e a Feira de Ecoloxía e Artesanía.

Tedes ganas de saber o que atoparedes o domingo na Mostra do Posible? Arrincamos ás 11 da mañá na Alameda de Cangas e, a...
22/09/2021

Tedes ganas de saber o que atoparedes o domingo na Mostra do Posible? Arrincamos ás 11 da mañá na Alameda de Cangas e, ademais de obradoiros, música e a Feira de Ecoloxía e Artesanía , contaremos con dúas charlas:

🌎 11h - Encontro con Colonias Canguesas e Galgos 112
🌎 18h - O impacto da horta sostible na intervención social - Con Asociación Xaruma

📅 25 e 26 de setembro

O domingo na Mostra aprenderemos facendo cos dous obradoiros que temos preparados ao longo do día:📝 12h - Escritura para...
22/09/2021

O domingo na Mostra aprenderemos facendo cos dous obradoiros que temos preparados ao longo do día:

📝 12h - Escritura para o autocoidado - Impartido por Lidia Luna, do Mercado Social de Madrid - Será no edificio do Concello e as participantes deberá traer papel e boli.
🩸 16:30h - O xogo das pingas, obradoiro de saúde menstrual para nenas de 5 a 11 anos - Con

📅 O 25 e 26 de setembro achégate a coñecer e desfrutar da Mostra do Posible, a feira das alternativas éticas e sostibles.

Ampliar o nosos coñecemento é o principal obxectivo da Mostra do Posible. Queremos coñecer todo o bo que se está a facer...
22/09/2021

Ampliar o nosos coñecemento é o principal obxectivo da Mostra do Posible. Queremos coñecer todo o bo que se está a facer, que é moito, pero, por desgraza, vémolo pouco no noso día a día. O sábado teremos dúas presentacións de proxectos moi diferentes:

📚 17h - Presentación do libro "Comando igualdade", con Chis Oliveira e Priscila Retamozo, publicado en
💰 Charla con Fiare Banca Ética

📅 Achégate á Mostra do Posible, o 25 e 26 de setembro, na Alameda de Cangas do Morrazo.

Dirección

Alameda Nova
Cangas

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mostra Do Posible publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Mostra Do Posible:

Compartir