03/06/2026
🕔 Ás 17:00
📍 Local Social de O Alto do Castiñeiro
Rúa Manuel Antonio, 9. Narón
BBTTA no só é solventar problemas e/ou dúbidas. BBTTA é rede de apoio...
Os GALM son iniciados por nais e son elas, quenes dirixen as reunións. En BBTTA as que coordinan están formadas en Asesoría de Lactación, a través dos cursos da propia Entidade.
Nestas reunións, tanto as nais máis experimentadas como as novas, comparten a información e as vivencias propias, e anímanse a expresar as súas inquedanzas e dúbidas.
O obxetivo dos GALM é xerar un clima no que se apoie a lactación materna e se proporcionen os coñecementos prácticos e técnicos precisos para practicar unha lactación exitosa.
Trátase de ofrecer un espazo no que as nais se sintan protagonistas, un lugar seguro para que teñan a confianza de expresar as súas dificultades e dúbidas, compartindo información actual e veraz acerca da LM. De xeito que se disminúa a diseminación de información e de prácticas incorrectas.
Os GALM, ademais brindan un importante apoio emocional ás nais, propiciándolles a confianza necesaria na súa habilidade para amamantar e para a toma das súas decisións. A participación das nais ofrécelles a oportunidade de crear vínculos con outras nais, creando a rede de apoio, a súa propia comunidade, tan precisa nesta etapa na que se sinten tan vulnerables...
Esperámosvos. Non faltedes, a vosa rede espéravos...
😍😍😍