07/10/2026
Un bo estudante e un apelido
En Galicia existe un apelido, Sancosmed, que tan só levan 182 persoas. Nós temos o nome de lugar San Cosmede dos que só existen 5 no país, e un no noso concello, en Pantón. É por tanto, un patronímico.
Sabemos que en 1936, un estudante, Javier Prado Sancosmed, estaba a cursar o bacharelato en Monforte, para ledicia de todos sacou boas notas tan boas que saiu no xornal por iso sabemos del. E este pequeno, daquelas, era de Pantón.
Agora soñemos que parte dos Sancosmed, quedaría mellor Sancosmede, veñan da cativa aldea encol do río Sil.
Así que xa saben este lugar de entre Pombeiro e Frontón aínda non dixo a súa última palabra nin apelido...
Imaxe de San Cosmede dende Os Penedos da Moura.