07/09/2026
O COETFG organiza unha nova formación presencial para afondar no uso de QGIS aplicado ao traballo na oficina técnica.
Durante 32 horas, traballarase con ferramentas de xeoproceso vectorial e ráster, edición gráfica e alfanumérica, o módulo GRASS e diferentes casos prácticos.
📅 Datas: sábados 3, 17, 24 e 31 de outubro de 2026
⏰ Horario: 9:30–14:00 h e 15:30–20:00 h
📍 Modalidade: presencial
👥 Máximo: 16 asistentes
👨🏫 Docente: José Fernando Enjamio Gándaras, Enxeñeiro Técnico Forestal, colexiado nº 617 do COETFG
⏳ Inscricións ata o 28/09/2026 ás 15:00 h ou fin de prazas
A formación está dirixida principalmente a profesionais do sector forestal-madeira, así como a estudantes e persoas recentemente tituladas. Requírense coñecementos básicos de QGIS.
👉 Inscricións: https://forestaisgalicia.e-gestion.es/inscripcion-formacion/20260010
www.facebook.com/xeraindustriaforestal