16/06/2026
O corpo gordo como invisíbel, mais ocupando moito espazo. O bikini na praia como símbolo de resistencia. O des**o como suxeito, non como obxecto da ollada masculina. A autoestima construída coa vulnerabilidade e co ativismo. Disto e máis fálanos Violeta Maroto Romero en “Razóns de peso. Desbordamentos, des**os e outras incomodidades gordas”.
👉 Xa podes conseguilo tanto en ebook como formato físico a través de CatroVentos.Gal, ou na túa libraría máis próxima
Razóns de peso é un libro que fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. Dezanove voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de s**o, de soidade, de saúde mental e física, de des**o e de mirada.”